Ciclo Superior de Gandaría en EFA Fonteboa:
Estudar ó Ciclo Superor de Gandaría en EFA Fonteboa é mais ca estudiar un ciclo de formación profesional.
A traves do noso sistema Alternancia Dual vivirás as mellores experiencias de formación e profesionais que marcarán un antes e despois na túa traxectoria vital. Como exemplo, Nerea Aneiros é unha alumna da promoción 2018/20 e contanos a súa experiencia vivida no ciclo superior na nosa escola.
Estarás o carón dos mellores profesionais técnicos e veterinarios referentes diferentes ambitos do sector gandeiro e das clínicas veterinarias. Cristina Pousada, veterinaria especialista en recría de vacuno, traballa actualmente na Cooperativa Coren e cóntanos como participa no sistema de formación no Grado Superior.
Non o dubides e acompáñanos!!!
Expereriencias profesionais no CFGS GASA:
Ademáis de estudar o curriculum do ciclo superior que podes consultar no doga da Conselleria de Educación, se estudas con nos:
- 10 semanas en empresas gandeiras-veterinarias en Irlanda a través do programa ERASMUS+, acompañado co teu certificado EUROPASS.
- 12 semanas de formación en empresas xa durante o 1º ano de formación, onde vivirás a túa primeira experiencia profesional.
- Participarás nun proxecto de formación DUAL no 2º ano do ciclo con prácticas remuneradas dende Xaneiro a Xuño.
- Acadarás os Acreditacións en Benestar Animal, certificados cualificados de Aplicador de fitosanitarios, transformación de productos lácteo, etc....
Non o dubides e acompáños !!!!
Duración do Grado Superior e requisitos de acceso:
O ciclo ten unha duración de 2000 horas e os requisitos de acceso son:
- Estar en posesión do título de Bachiller.
- Estar en posesión dun título de Técnico Superior ou Técnico Especialista.
- Ter superado o Curso de Orientación Universitaria (COU).
- Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos de grado superior
Saídas profesionais / univeristarias:
Podes traballar como:
- Encargada / encargado de explotación gandeira, en xeral.
- Responsable da produción en explotacións ou empresas gandeiras.
- Responsable de inseminación artificial en explotacións gandeiras ou en centros de recollida de seme.
- Encargada / encargado de máquinas e equipos gandeiros.
- Responsable/xestor de ganderías equinas.
- Responsable do manexo e dos coidados do gando e das instalacións en centros de adestramento, doma e adestramento de gando equino.
- Visitador / visitadora de produtos de veterinaria.
- Axudante de veterinaria en equipos veterinarios especializados en animais de granxa e produción, en explotacións gandeiras,en empresas do sector agroalimentario e de servizos á gandería
Ou seguir estudando:
- Os estudos universitarios máis demandados polos nosos estudantes o rematar o Grado Superior e que podererías accesder son:
- Grao Veterinaria
- Grao de Enxeñeria Forestal e do Medio Natural
- Grao de Enxeñeria Agrónoma.