“Fonteboa Job Shadowing” foi un dos 28 proxectos seleccionados en toda España na Convocatoria de Orientación de CaixaBank Dualiza e FPEmpresa, para a que se presentaron propostas de 145 centros educativos.
O proxecto foi escollido pola súa orixinalidade á hora de achegar a FP aos estudiantes que se atopan en proceso de decidir o seu futuro académico.
Fonteboa Job Shadowing ten como obxectivo principal contribuir á mellora da formación e orientación do alumnado da ESO, implicando nesta labor de orientación ás empresas e profesionais e dando maior protagonismo ao alumnado no proceso de coñecemento do mundo laboral no medio rural.
O proxecto impleméntase co alumnado de 3º e 4º da ESO, que pasa, en cada trimestre, 3 días de observación en empresas do territorio. Previamente, faise un traballo de investigación para coñecer mellor os diferentes sectores e empresas das súas comarcas, que se completará coa información obtida despois de finalizar a súa estadía de observación na empresa.
Esta iniciativa de orientación está a ter gran acollida tanto polo alumnado, coma polas empresas e familias. Os resultados no proceso de orientación nesta etapa educativa constitúen a clave do éxito:
- Alumnado con más información sobre a realidadade do mundo laboral e máis motivado para seguir o seu itinerario educativo, por lo tanto, menos propenso ao abandono escolar os estudos de secundaria. E polo tanto, un alumnado mellor orientado para a toma de decisións de cara ao seu futuro profesional.
- Empresariado máis implicado no proceso educativo do alumnado do seu territorio, que funciona, a súa vez como axente motivador para promover o emprendemento e dar coñecer os perfís profesionais máis demandados.
- Familias implicadas no proceso educativo a través da colaboración na organización e seguimento das estadías formativas.
En definitiva, o perfil do alumnado, a situación do centro no medio rural, a rede de empresas colaboradoras, a implicación das familias e a pedagoxía aplicada, constitúen o conxunto de elementos sobre os que se pilota este proxecto.